18 abril, 2013
Máis de 300 exemplares prestados...
Semella unha chamada comercial, pero é o que é. Por primeira vez, desde que temos estatísticas na Biblioteca, un título supera os 300 exemplares prestados.
Pois claro que o recomendamos, como non o imos recomendar... E que podemos dicir del que non se teña dito...
Vale, podemos dicir o título: A miña planta de laranxa lima.
Que vos parece?
-
16 abril, 2013
Encontro con... Dan Cruz e Julio González
A súa paixón polo xadrez vén de vello, o coñecemento das súas habilidades por parte do gran público débese á TV.
O próximo venres estarán connosco: Dan Cruz e Julio González.
O próximo venres estarán connosco: Dan Cruz e Julio González.
12 abril, 2013
Sábado 13: Nocturna, curtametraxes e entrega de premios.
Rematou Anirmau 13. Como ramo e antes da entrega de premios (que será ás 8.30 da tarde e incluirá a proxección do filme gañador), dous -ou tres- agasallos: O primeiro para os máis pequenos: ás 4,30 da tarde, Nocturna e, ás 6,30 da tarde, dúas breves sesións de curtametraxes.
Nocturna
Trátase dun dos grandes títulos da factoría Filmax: un precioso relato de enfoque fantástico infantil, con sobresalientes pinceladas poéticas. Gañador do Premio Goya e seleccionado prestixioso festival de Annecy.Nun vello orfanato os días pasan sen problemas, mais as noites son algo moi diferente, polo menos para Tim. A luz reflectida polas estrelas é a única cura para o medo á escuridade. Unha noite, ese medo lévao a azotea, onde descobre que a súa estrela favorita desapareceu.Tim decide ir na súa procura. Nesas, coñece o Pastor de Gatos e o seu fiel amigo Tobermory, que se converterán nos seus gardiáns persoais e o axudarán a fuxir do orfanato.
Carta branca: Animazine: as mellores curtametraxes españolas
Ás 6,30 e en colaboración co Festival de Málaga de Cine Español, o
principal festival especializado en cinema español, ofrecemos esta sesión na
que poderán verse catro das curtas españolas máis recoñecidas dos dous últimos
anos: Sen dúbida, una colaboración única co principal festival especializado en
cinema español no noso país. As
curtas, inéditas no festival, son Bendito Machine IV (2012), Rascayú (2011),
The End (2011) e Fuga (2012), esta última a gañadora no festival malagueño
Panorama Galiza
Ás 7, Panorama Galiza, grazas ao apoio dos autores de da Academia Galega do Audiovisual, as mellores curtas galegas do ano:
Adelina ( animación dun tema da banda Linho do Cuco) ; O templo da Veracruz ( documental de Anxo
Santomil) e os tres dos nomeados aos Premios
Mestre Mateo 2013: Only You, Equilibrium e O Xigante (gañadora).
11 abril, 2013
Venres 12: It's such a beautiful day, Dwae-ji-ui Wang e Jez Jerzi
Tres películas para este venres. Á 6 da tarde It's such a beautiful day (2012), do estadounidense Don Hertzfeldt. Ás 9, a surcoreana Dwae-ji-ui Wang (O rei dos porcos) de Sang-ho Yeun. Ás 12 da noite, xa para adultos, desde Polonia, Jez Jerzi de Wojtek Wawszczyk, Jakub Tarkowski e Tomasz Lesniak.A primeira delas é estrea absoluta en España e a presenza das outras dúas supoñen o seu segundo pase: antes só puideron verse en Sitges 2012 e Animabasauri 2012, respectivamente.
It's such a beautiful day
EE.UU. / 2012 / 62’ / Tradicional, Pixilación, Técnicas fotográficas, 2D CGI. Unha triloxía vital sobre Bill, un home novo cunha vida aparentemente normal, mais que, pouco e pouco, vai escurecéndose pola aparición dun trastorno mental aparentemente grave. Unha serie de inquietantes situacións farano reconsiderar o sentido da vida.Ficha completa, trailer e fotogramas en Anirmau.com
Primeiro, aparecen os seus problemas de memoria, ademais de verse angustiado por inquietantes visións. Despois, terá que encarar a perda dun ser querido, un golpe máis que afectará á súa recuperación.
Finalmente, Bill atoparase nun hospital loitando cos seus problemas de memoria nun intento de recompoñer toda a súa psique.
Dwae-ji-ui Wan (O rei dos porcos)
COREA DO SUR/ 2011 / 97’ / 2D CGI. Despois de asasinar a súa esposa, Hwang Kyung-min, un home de negocios ao bordo da bancarrota, reencóntrase cun antigo compañeiro de clase, Jung Jong-suk, ao que non viu en quince anos. Durante a cea, rememoran os seus días de escola, ocultando a súa situación actual.
Xa daquela existían diferenzas de clase entre os estudantes. Adoitaban chamar “os cans” a un grupo de alumnos crueis, máis ricos e triunfadores do normal, que coas súas novatadas e intimidacións exercían un reinado de terror sobre os estudantes máis débiles: “os porcos”.
Ficha completa, trailer e fotogramas en Anirmau.com
Jez Jerzy
Mauricio, o Ourizo, un mullereiro empedernido, fan do skate e das canecas de cervexa entre horas, convértese no punto de mira dun plan de manipulación xenética. Un científico tolo contrata dous inimigos mortais de Mauricio, os skinheads Zenek e Stefan, que deben apoderarse dos seus xenes para crear un clon ourizo.Ficha completa, trailer e fotogramas en Anirmau.com
Tras traballos nun laboratorio secreto, o clon nace e, de súpeto, convértese nun ídolo de masas, complicando seriamente a vida de Mauricio e arruinando a súa reputación no acto. O ourizo deberá defender a súa identidade e, sobre todo, a súa amada Jola.
Descarga a programación completa (PDF)
-
10 abril, 2013
Xoves 11: Az ember tragédiája e Gartxot

Á hora habitual das nove da noite, a película a concurso é Az ember tragédiája (A traxedia do home) do húngaro Marcell Jankovics, tamén estrea absoluta en España.
Pola mañá, ás 10, realizarase a primeira proxección de Gartxot(2011), dirixida por Asisko Urmeneta e Juanjo Elordi.
Az ember tragédiája
HUNGRÍA, 2011 / 159’ / Tradicional, 2/3D. Velaquí a historia do universo ao longo de 15 cadros. A narración iníciase coa creación do mundo, dando paso á viaxe de Adán e Eva a través do espazo e do tempo na busca do sentido da vida. O propio Lucifer será a súa guía. O seu camiño, iniciado no Paraíso, percorrerá os tempos prehistóricos, o antigo Exipto, Grecia, Roma, o Imperio Bizantino, a Praga de Kepler, a Revolución Francesa e o Londres do século XIX. Chegará a repasar os últimos cento cincuenta anos de Europa e aínda anticipará unha visión do futuro.
Ficha completa, trailer e fotogramas en Anirmau.com
Gartxot
ESPAÑA / 2011 / 85’ / 2D CGI. É o século XII en Navarra e o Camiño de Santiago está en pleno apoxeo. O novo abade de Roncesvales desterra a Gartxot, o bardo local, para quedar coa voz prodixiosa do seu fillo Mikelot e convertelo nun monxe cantor. Mikelot consegue escapar do convento e canta de novo xunto ao seu pai. Os seus cantos convértense nun símbolo contra a opresión. A Igrexa non está disposta a aceptar esa afronta e envía os seus temidos monxes guerreiros á caza do bardo. Así comeza a traxedia, así comeza a conquista.
Descarga a programación completa (PDF)
-
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



