21 outubro, 2014

Martin Gardner, o produto de dous números primos consecutivos 31 e 37

Hoxe -21 de outubro- celébrase o centenario de Martin Gardner (1914-2010) . Non era matemático, pero foi un dos grandes divulgadores da ciencia e especialmente das matemáticas.

Gardner naceu un día 21 e morreu un día 22, viviu polo tanto un número exacto de meses. Concretamente 1147. Este número é o produto de dous primos consecutivos 31 e 37. Pero non é un par calquera; é o maior par de números consecutivos que podía darse pois esperar ao seguinte par tería que vivir até os 126 anos e até agora ningún ser humano chegou a esa idade. (Agustín Morales -trad.-, aquí)


martin-gardner.org
Máis alá do cálculo estou perdido… Levábame tanto tempo entender aquilo sobre o que escribía que tiven que aprender como escribilo para que a maioría dos lectores o entendesen. Se tivese sido mellor matemático non o podería facer.

Na biblioteca:

  • La ciencia: Lo bueno, lo malo y lo falso (1988). Alianza. Madrid
  • Damas, parábolas y más mistificaciones matemáticas. 2, Las últimas recreaciones (2002). Gedisa. Barcelona
  • Huevos, nudos y otras mistificaciones matemáticas (2002). Gedisa. Barcelona
  • Los mágicos números del doctor Matrix (2000). Gedisa. Barcelona
  • Matemática para divertirse ([1998]).. Juan Granica. Buenos Aires
  • Ruedas, vida y otras diversiones matemáticas (1988). Labor. Barcelona
  • Rosquillas anudadas y otras amenidades matemáticas (1987). Labor. Barcelona
  • Paradoja del comediante y otros ensayos.(1990). Mondadori. Madrid

Na rede:


Monográfico de Investigación y Ciencia con enlaces aos seus mellores artigos. 
ALEGRÍA, Pedro & FERNÁNDEZ, Santiago: "Martin Gardner, el mago de la divulgación". La Gaceta de la RSME, Vol. 13 (2010), Núm. 4, Págs. 671–704. [Pequena biografía publicada con motivo da súa morte, que recolle anécdotas e toda a súa bibliografía] [descarga en PDF]

Iremos actualizando...

17 outubro, 2014

LerENvenres (XII): "Mar ao norde", de Álvaro Cunqueiro

A melancólica soidade que percorre este mar de Cunqueiro latexa compasada ao devir das luces e sombras da natureza. Velaí unha clave destes versos: poucos libros coma este para recoñecer que a nosa experiencia da vida está moitas veces profundamente ligada ao medio material no que ela se desenvolve. 

Nestes poemas o impacto emocional do sentimento está prendido nunha minuciosa cartografía que a memoria conserva, e da que é testemuño a inmediatez que confire a morea de deícticos que saturan o texto (agora, este, eiquí, hoxe, así, alá, xa...: o instantiño aquel...), no medio dos cales se distribúe o espesor da realidade: obxectos exactos (tres espellos, cinco fiestras, seis gueivotas...); opostos sensoriais (alba rosa / turba; presencia / fuxida...); e concretas referencias espaciais (porto, mar outa, illa, terra adrento...).
 
Outra clave: hai pasados que sempre son presentes. A memoria viaxa dende o porto ata a illa, e dende a illa ata o porto, e actualiza, coa axuda desa precisa exactitude da linguaxe, un recordo que navega entre sentimentos de dor e gozo. 

Cos seus vaivéns mariñeiros, con este libro sempre teño a sensación de que hai historias que nos subxacen que un día tiveron o seu principio, pero que non poden ter final.

(Imaxe tomada de espazowiki.wikispaces.com)

14 outubro, 2014

Poetemáticas 2 : Stanisław Lem

En su colección de cuentos Ciberíada, Stanisław Lem imagina a un robot que construye un robot poeta; un Electrobardo al que, entre otros encargos, le propone un poema sobre el amor y la muerte, y con la condición de que lo exprese en términos de matemáticas superiores, sobre todo las del álgebra tensorial.

No he podido localizar el texto en polaco (el bardo se expresaba en polaco), pero sí las traducciones en español e inglés. Como no tienen nada que ver entre sí, y dado que ambos traductores trabajaron directamente a partir del original, es legítimo suponer que en los tres casos el Electrobardo estaba más preocupado por hacer versos cumpliendo unas determinadas condiciones que de crear poesía. No en vano, de él se dice que hundió el mercado de la poesía por culpa de su inagotable facilidad para versificar bajo cualquier tipo de composición...



Un ciberneta joven potencias extremas
Estudiaba, y grupos unimodulares
De Ciberias, en largas tardes estivales,
Sin vivir del Amor grandes teoremas.

¡Huye...! ¡Huye, Laplace, que llenas mis días!
¡Tus versores, vectores que sorben mis noches!
¡A mí, contraimagen! Los dulces reproches
Oír de mi amante, oh, alma, querías.
 Yo temblores, estigmas, leyes simbólicas
Mutaré en contactos y rayos hertzianos,
Todos tan cascadantes, tan archi-rollanos
Que serán nuestras vidas libres y únicas.

¡Oh, clases transfintas! ¡Oh, cuánta potentes!
¡Continuum infinito! ¡Presistema blanco!
Olvido a Christoffel, a Stokes arranco
De mi ser. Sólo quiero tus suaves mordientes.

De escalas plurales abismal esfera
¡Enseña al esclavo de Cuerpos primarios
Contada en gradientes de soles terciarios
Oh, Ciberias altiva, bimodal entera!

Desconoce deleites quien, a esta hora,
En el espacio de Weyl y en el estudio
Topológico de Brouwer no ve el preludio
Al análisis de curvas que Moebius ignora.

¡Tú, de los sentimientos caso comitante!
Cuánto debe amarte, tan sólo lo siente
Quien con los parámetros alienta su mente
Y en nanosegundos sufre, delirante.

Como al punto, base de la holometría,
Quitan coordenadas asintotas cero,
Así al ciberneta, último, postrero
Soplo de vida quita del amor porfía. 
 
( Trad. Jadwiga Maurizio )
 
Para una comparación de las traducciones 
en distintos idiomas y un enlace al texto original, 
véase aquí.


13 outubro, 2014

Literiatura [10] : Álex Roca & Andrés Palomino

[Haiku]

http://dondeestaelguionista.com/comic/deeg-110-nota/


de  Álex Roca & Andrés Palomino en ¿Dónde está el guionista? 

[Ao ler este, A Marela pensou en Celso Fernández Sanmartín que é quen de achar poesía no sitio menos pensado. Será ese o seu talento?]

10 outubro, 2014

Poetemáticas 1 : Nicanor Parra

O pasado 5 do 9, fixo 100 anos. Matemático e físico de formación, é un dos grandes renovadores da poesía do século XX, pola vía da antipoesía. Pareceunos boa idea comezar con el esta serie de poesía e matemáticas.

PENSAMIENTOS
Qué es el hombre 
......................... se pregunta Pascal: 
Una potencia de exponente cero. 

Nada 
......... si se compara con el todo 

Todo 
......... si se compara con la nada: 
Nacimiento más muerte: 
Ruido multiplicado por silencio: 
Medio aritmético entre el todo y la nada.


Fonte foto: letras.s5.com

Se queredes máis información sobre Nicanor Parra, a páxina que lle dedica a Universidade de Chile é magnífica.