30 marzo, 2020

GaliciaLe en aberto

A plataforma GaliciaLe abre o seu catálogo de préstamos dixitais con máis de 4.500 títulos entre libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas co obxectivo de facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura nestes momentos de confinamento.
Entra en GalicaLe e infórmate.


En GaliciLe infórmasevos de que, de non terdes carné de biblioteca, debedes de vos rexistrar e coas claves recibidas, accederedes igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego...

29 marzo, 2020

"Oxalá o virus nos faga saír da caverna, a escuridade e as sombras"

O titular (traducido) recolle unha das moitas respostas a modo de sentenzas que o filósofo Emilio Lledó deitou nunha entrevista que Pablo del Llano lle realizou e na que "reflexiona sobre o tipo de ensinanzas que se poden extraer e subliña outras pragas como o deterioro da educación, da cultura e do coñecemento", e que podemos ler en "El País"
Unha entrevista máis que recomendable para ler con calma e, como di o filósofo Emilio Lledó, reflexionar. 

Emilio Lledó, foto de Jaime Villanueva. El País

27 marzo, 2020

Fatal, falta Tafal

Hoxe, día mundial do teatro, celebrámolo coa estrea da nova obra de Inacio Vilariño, un tarabeleiro de noso.