O pasado 17 de maio foi un bo día para mercar libros en galego, iso que tanto custa outros días...
Co pensamento sempre a medio camiño entre o placer persoal e a utilidade didáctica, unha simple ollada a Metáfora da metáfora de María Xosé Queizán (en Espiral Maior) deu con el no noso peto. Aínda que con varias dúbidas acerca das súas bondades literarias, unha vez lido resulta evidente a súa utilidade como posible texto introdutorio á poesía.
É, pois, unha recomendación: son poemas breves, sinxelos, pero tamén precisos na expresión e inxeniosos no contido, que xogan coa metáfora e a parodia de tópicos literarios para plantexar que a ficción non só vive na literatura senón tamén na realidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario