Nesta súa terceira edición, ANIRMAU ofrece unha importante variación: tras dous anos dedicado ás curtametraxes, deste vez consagrábase ás longas. E presentarase algunha? Dez, sería un bo número -dicíanos Seve.
ANIRMAU (3ª ed.) e Animabasauri (9ª ed.), son -dentro do estado- os únicos festivais de animación especializados que contan cunha
competición de longametraxes.
A eles cómpre sumar os tres festivais de cinema
de ámbito xeral e grandes orzamentos que acollen seccións específicas para
as longas animadas (Sitges -con Anima’t-, Gijón -con Animaficx- ou Málaga -con Animazine-).
Entre uns e outros, son unicamente cinco festivais nos que
se poden ver longametraxes de animación.
A esta primeira experiencia coa longa, responderon 15 películas das que se descartaron dúas por non cumpriren as bases.
Estas son as que conformarán o programa:
- Jean de la lune (Stephan Schesch, 2012)
- George the hedgehog (Tomasz Lesniak – Jakub Tarkowski – Wojtek Waswzczyk, 2011)
- Heart string marionette (M. dot Strange, 2012)
- Legends of Valhala: Thor (Óskar Jónasson – Toby Gnekel – Gunnar Karlsson, 2011)
- Lotte and the moonstone secret (Heiki Ernits - Janno Põldma, 2011)
- Midori-ko (Keita Kurosaka, 2010)
- La leyenda de la llorona (Alberto Rodríguez, 2011)
- Taevalaul [Sky Song] (Mati Kütt, 2010)
- Ánima Buenos Aires (María Verónica Ramírez, 2012)
- It's such a beautiful day (Don Hertzfeldt, 2012)
- The tragedy of man (Marcell Jankovics, 2011)
- Fimfárum III (Kristina Dufková – Vlasta Pospílová – David Sukup, 2011)
- The king of pigs (Yeun Sang-ho, 2011)
Por outra banda, é de notar que, malia non facermos convocatoria para curtas, presentáronse setenta e unha. Isto anímanos a pensar que o festival está moi consolidado e que, cando volvamos ás curtas, a resposta será tan boa como a que viñemos obtendo ata agora.
E xa sabedes, atención á páxina oficial de Anirmau.
Ningún comentario:
Publicar un comentario