Sete serán os filmes proxectados neste noso Anirmau'13, a primeira edición deste festival dedicada á longametraxe.
O xurado que os seleccionou estivo composto por:
Emilio de la Rosa, director, produtor e profesor de animación na prestixiosa
escola madrileña ESDIP, ademais de destacado historiador do cinema de
animación.
Manuel Pena, director, guionista e produtor galego de curtametraxes. A súa cinta “A canción de
Fémerlin” (2005) tivo un grande éxito en festivais de todo o mundo. Dirixe
o festival de curtametraxes FIC-Bueu que chegou á súa 6ª edición.
Inmaculada Castaño, delegada de Filmax en Galicia, tamén desempeña labores de
produción nos filmes galegos da compañía, entre eles “The Way” (2010), ou a
animada “Copito de nieve” (2012).
Unha selección plural, con estreas absolutas.
As sete películas configuran un selecto programa caracterizado, en palabras do director do festival, "pola súa diversidade xeográfica e cultural, ademais de tratarse de novidades case todas elas en España".De feito, catro delas son estrea absoluta en España e todas as sete serán proxectadas por primeira vez en Galiza. Trátese de cintas que ata o de agora só se puideron ver nos festivais máis prestixiosos do mundo, entre eles Cannes, Annecy, Ottawa, Sitges, Karlovy Vary, Bruselas, Stuttgart, Taipei, Espinho ou Lisboa.
As películas:
Ánima Buenos Aires (María Verónica Ramírez, 2012) -imdb-
Az ember Tragédiája (Marcell Jankovics, 2011) -imdb-
Dwae-Ji-Ui Wang (Yeun Sang-Ho, 2011) -imdb-
It’s Such a beautiful day (Don Herzfeld, 2012) -imdb-
Jez Jerzy (Wojtek Wawaszczyk - Jakub Tarkowski - Tomasz Lesniak, 2011) -imdb-
Midori-Ko (Keita Kurosaka, 2010) -imdb-
Taevalaul (Mati Kütt, 2010) -imdb-
Ningún comentario:
Publicar un comentario