24 xuño, 2013
Arte e ciencia
Se boa idea é O día da ciencia en galego, boa o é tamén a de dedicárllelo a varios temas e persoas.
Este ano tócalle á Arte e á Ciencia e á Estatística.
As persoas lembradas serán Isaac Díaz Pardo, Richard Buckminster "Bucky" Fuller e Florence Nightingale.
A pesar de que aínda falte un chisco para o 4 de novembro, imos mirando algo para rillarmos polo verán. Con esa idea recollemos este vídeo co que demos no magnífico Principia Marsupia:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario