Javier Hita xa pasou polo noso instituto na época de bacharel, formándose posteriormente na Facultade de Belas Artes de Granada e na Escola de Canteiros de Poio.
Actualmente traballa como canteiro escultor en Galicia, dedicándose principalmente ás obras de rehabilitación do patrimonio e á talla en pedra. Asemade é presidente do Cineclub Dzine de Lalín, desenvolvendo paralelamente unha actividade artística multidisciplinar que inclúe o debuxo, a pintura, a escultura e as artes audiovisuais. Neste eido, o seu traballo leva consigo unha proposta crítica coa chamada posmodernidade aproximándose a unha interpretación marxista das artes.
A seguir unha pequena mostra fotográfica da exposición:
Ningún comentario:
Publicar un comentario