22 outubro, 2019

80 anos. Santiago 1936: a inauguración

No vestíbulo do instituto que acolle a exposición 80 anos. Santiago 1936 tivo lugar o acto de inauguración da mesma coa intervención da directora Xoana Mouriño e do profesor da USC Antonio Miguez Macho, membro do grupo de investigación HISTAGRA, quen lles relatou ao alumnado de HMC de 1º de bacharelato o porqué da montaxe da exposición tendo esta como núcleo referencial a cidade de Santiago e que ben podería ser calquera outra cidade ou vila de Galicia. O profesor Antonio Miguez insistitu na necesidade de coñecermos o pasado histórico para poder ter criterio propio na análise do porqué do presente. O percorrido analítico da exposición complementouse coa proxección do vídeo 1936, un novo relato? 80 anos entre memoria e historia realizado por Óscar Gómez.
A seguir unha pequena reportaxe gráfica da exposición e da súa inauguración:


















Ningún comentario: