A pesar dos avances, e de que as mulleres occidentais se poden considerar unhas privilexiadas con respecto ás súas iguais doutras partes do mundo, aínda é necesario reivindicar a igualdade: igualdade no trato, no respecto, nos salarios, na seguridade...
E visibilizar as nosas mulleres é o que buscamos desde o IES Ramón Mª Aller Ulloa neste 8 M, por iso os nomes de todas as estudantes e traballadoras do centro aparecen, do seu puño e letra, nos carteis que hoxe ondean no vestíbulo do instituto.
Grazas a todas as mulleres do IES Ramón Mª Aller Ulloa por participardes na actividade; e a Saleta, Alba, Ánxeles, Marta e Maruxa por coordinar a actividade.
Deseño dos carteis: Saleta Fragueiro |
Unha alumna escribindo o seu nome nunha das tiras. |
Rapazas en proceso de produción de carteis.
Na última fase do traballo: colocando as tiras cos nomes.
E o resultado final:
Ningún comentario:
Publicar un comentario