28 setembro, 2023

Materia, Premio Nacional de poesía 2023


"Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta poética de Yolanda Castaño na que cada estado da materia se expresa nun propio ton". Así se nos presenta esta obra desde a Editorial Xerais, un poemario de YOLANDA CASTAÑO que xa fora recoñecido co Premio da Crítica 2022.

Se queredes escoitar algún dos poemas podedes acceder ao audiolibro, e para coñecer a súa obra nada mellor que pasarvos pola Biblioteca Mario Pereira e levar en préstamo algún dos exemplares das obras que forman parte do noso fondo.

A seguir, imaxes dalgúns dos nosos exemplares e unha fotografía da autora (Facebook Yolanda Castaño)




 
                                       



Ningún comentario: