Convocado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, este 7º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2023, subiu ao seu podio a unha das nosas alumnas do Ciclo de Administración de Sistemas Informáticos, Sunny Saco Buceta.
Entre as 27 competicións diferentes nas que podía participar o alumnado de Formación Profesional, Sunny, principiante neste concurso, acadou a medalla de prata polo seu traballo no desenvolvemento dunha aplicación web. A recompensa material a este segundo posto consistía nunha tableta e equipamento vario para o seu ordenador. A moral, o orgullo de ter acadado ese posto con tan só 19 anos e os parabéns de todos os que estamos cerca dela.
Na fotografía, Sunny, no centro da imaxe, xa coa medalla de prata, acompañada polos seus profesores Julio e Amador (á súa dereita).
Imaxe: N H Diario |
Ningún comentario:
Publicar un comentario