O alumnado de Relixión, coa súa profesora María Jesús Barcala á fronte, quixo felicitar estas festas aos usuarios da Residencia As Dores. Durante esta semana estiveron deseñando e elaborando as postais personalizadas, para que os 144 usuarios do centro puidesen recibir cadansúa felicitación.
Nestes momentos nos que o consumismo nos devora, nos que guerras inxustificables deixan milleiros de mortos día si e día tamén, nos que un estudante pode asasinar os seus compañeiros indiscriminadamente... Nestes momentos María quixo educar en valores.
Agradecemos á Dirección do centro residencial que nos permitise formar parte desta actividade, para comezar así unha colaboración entre a enerxía e ilusión dos adolescentes e a sabedoría dos nosos anciáns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario