O xurado do XI Concurso Literario Mª Vitoria Taboada acordou por unanimidade outorgar os seguintes premios:
1º premio na categoría de relato curto a NOA GIL ROZADOS polo relato "Euxea", pola imaxinativa posta en escena dos atractivos da paixón lectora nun tempo que conspira constantemente contra ela.
Accésit na categoría de relato curto para NOA GIL ROZADOS polo relato titulado "A tronada", por expresar e denunciar con valentía mediante a literatura a traxedia e drama do alcoholismo no ámbito familiar.
1º premio na categoría de poesía para AROA AMORÍN NEGRO polo conxunto de poemas titulados, respectivamente “As paces coa casa”, “Catarse” e “Obsesiva”; por expresar de forma directísima, pero perspicaz e sensible, as complexidades das experiencias familiares e amorosas, e o seu impacto mantido ao longo do tempo.
Accésit na categoría de poesía para LEDICIA SILVA FERNÁNDEZ polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Comecei con medo”, “Un nubeiro” e “E agora por fin”; por reflectir con sinceridade e delicadeza as trampas das amizades tóxicas.
O xurado considerou deixar deserto o premio de sketch teatral.
A entrega de premios terá lugar na Biblioteca do instituto o luns 20 de maio.
A edición do libro cos textos premiados estará acompañada de ilustracións que realizará o alumnado do Bacharelato de Artes e que presentaremos no seu momento.
A seguir os textos premiados (o cartel da portada é obra de Pedro Alonso Cascallana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario