23 maio, 2019

Medrar e ser. Stop motion para a Biblioteca


O equipo de Cultura Audiovisual propúxose xa hai tres cursos realizar unha curta de animación coa técnica Stop motion, mais diferentes atrancos impediron a súa finalización. No entanto, aproveitando o material este curso o departamento de Debuxo do IES “Ramón María Aller Ulloa” en colaboración coa biblioteca produciu unha curta de animación para promover a Biblioteca, Medrar e ser.

O deseño e a fabricación dos bonecos así como o decorado foi realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato de Artes do curso 2015-16 nas materias de Volume, Cultura Audiovisual I e Debuxo Artístico I: Alba Conde Portela, Alejandro Dopazo Taboada, María Ferradás Iglesias, Francisco Galego Sánchez, Aitana Iglesias Rodríguez, María Jácome Iglesias, Adela Otero Vázquez, Andrés Otero Vázquez, Jesús Peña Fernández, Daniel Rama Novoa, Gabriel Alejandro Reverón Vizoso, Ángela Silva Varela, Leticia Varela González, Iria Varela Varela e Alberto Villar Fernández

O alumnado de Cultura Audiovisual II de 2º de Bacharelato de Artes do curso 2018-19 animou e montou os vídeos: Mariana Albarenque Gelós, Noa Blanco González, Sofía Jorge Liñares, Juan José López Rey, Rosa Núñez Martínez, Julieta Itatí Penas Noce, Cristina Polo Pernas, Ainhize Sixto Sánchez e Gustavo Thomé Oliveira.

As voces son de Sofía Fernández Sarria e Breixo Pereira Gaiteiro, alumna e alumno de 3º de ESO do curso 2018-19.


Ano Internacional da Táboa Periódica

No blog Toc-Toc_A Ciencia podedes consultar toda a información sobre a conmemoración do Ano Internacional da Táboa Periódica.

Preme na imaxe para ir ao blog Toc-Toc

21 maio, 2019

Concerto-recital 50 anos da chegada á Lúa

Mañá, 22, celebraremos na Biblioteca un "Recital-concerto" para conmemorar a chegada á Lúa.


A seguir o programa do evento:

Ao fío do encontro con Héctor Cajaraville

O pasado martes 14 de maio, tivo lugar na Biblioteca un Encontro con Héctor Cajaraville ao fío do seu libro O segredo da casa de Formoso, no que participou o alumnado de 3º ESO.

O acto foi presentado por Marta García Méndez, Nuria García Pardo e Breixo Pereira Gaiteiro, alumnado de 3º ESO.

A seguir unhas fotografías do evento.



19 maio, 2019

VI Concurso Mª Vitoria Taboada: Acto de entrega de premios.

E chegou o día. O próximo xoves, 23, terá lugar na Biblioteca o acto de entrega de premios do VI Concurso literario Mª Vitoria Taboada. Agárdanos un espectáculo poético-musical.