Amosando publicacións coa etiqueta Gonzalo Navaza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gonzalo Navaza. Amosar todas as publicacións

05 novembro, 2022

Recepción de Gonzalo Navaza como académico de número

Gonzalo Navaza / academia.gal
 

Por fin, hoxe, 5 de novembro, ingresa como numerario da Real Academia Galega  o filólogo e escritor lalinense Gonzalo Navaza, ocupando a vacante do finado historiador Xosé Ramón Barreiro.   
O discurso de toma de posesión versará sobre Nomes de persoa na toponimia de Lalín. Acto que se poderá seguir a través da web da RAG, a partir das 12:30 horas.   
Gonzalo Navaza fora elixido académico polo pleno da RAG o 23 de outubro de 2021, mais é agora cando por fin a xustiza académica se fai realidade ao sentar de pleno dereito na cadeira de académico. 
Xa no seu momento a Marela se fixera eco da nova da elección.
Unha vez máis, moitos parabéns Gonzalo.

24 outubro, 2021

Gonzalo Navaza, académico

O pleno da RAG vén de elixir académico a Gonzalo Navaza, lalinense egrexio e amigo que sempre que o chamamos acode altruísta onda nós. E que mellor agasallo que este recoñecemento a Gonzalo para celebrarmos o Día das Bibliotecas.

Lembramos a súa última presenza entre nós, así como a Marela dedicada a Erros e tánatos e a exposición Unha viaxe por Lalín a través do tempo, vinculada ao relato O home do saco
Parabéns, académico Gonzalo, moitos parabéns.

A nosa pequena homenaxe desde a Biblioteca: 



31 outubro, 2014

Encontro (dobre) con... Gonzalo Navaza

Vai facer dobre xornada Gonzalo.

Ás once, estará na biblioteca para comentar a súa obra literaria...


Á unha, no Salón Teatro, xuntarémonos os dous institutos de Lalín (e quen queira) para escoitalo falar sobre O matemático Rodríguez e celebrar o Día da ciencia en galego.



Tamén recuperaremos, na entrada do instituto a exposición  O home do saco, un percorrido pola transformación urbanística de Lalín, da man do relato de Erros e Tánatos.

19 febreiro, 2013

Erros e Tánatos na Marela



A Marela Tarabela (a orixinal, a impresa) acaba de sacar un novo número.



Trátase dunha Guía (ou conxunto de suxestións) de lectura sobre Erros e Tánatos de Gonzalo Navaza.



Se lle queredes botar unha visual podédela descargar en PDF aquí mesmo: A marela tarabela 16


Se queredes mirar algunhas das anteriores, velaquí as están.
 
 A marela tarabela 6 (Guía de lectura: Casas Baratas de Antón Riveiro Coello)

 A marela tarabela 9 (Guía de lectura: Made in Galiza de Sechu Sende)

A marela tarabela 12 (Guía de lectura: Comedia bífida de Manuel Núñez Singala)

A marela tarabela 13 (Guía de lectura: Non hai misericordia de Xelís de Toro)

A marela tarabela 14 (Guía de lectura: Galván en Saor de Darío Xohán Cabana)

A marela tarabela 15 (Guía de lectura: Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas)



15 novembro, 2010

'O home do saco': Unha viaxe por Lalín a través do tempo


No curso 2006-07 celebramos unha exposición sobre o crecemento urbanístico de Lalín ao abeiro da lectura do libro "Erros e tánatos" de Gonzalo Navaza, tomando como referente o relato 'O home do saco'. Así a través do periplo do seu protagonista polas rúas daquel Lalín do segundo lustro da década dos 40 e da década dos 50 reconstruímos fotograficamente os cambios urbanísticos que tiveron lugar na mesma.