Seica este XOVES 22 o vestíbulo e patio do IES Aller Ulloa se convertirán nun mercado de nadal. Despois de dous anos sen poder celebrar estas datas festivas, o alumnado do centro poderá gozar de xogos varios, comer un chocolate quentiño, volver á casa coas uñas pintadas ou algunha tatuaxe e ata mercar produtos varios, de segunda man ou manufacturados polos rapaces e rapazas da ESO, Bacharelato e FP Básica.
Precisamente os mozos e mozas do primeiro ano de Formación Profesional Básica foron os encargados de deseñar e elaborar os carteis promocionais deste evento, baixo a coordinación do seu titor Álvaro Pascual. Aquí vos deixamos as mostras do seu bo quefacer:
Ningún comentario:
Publicar un comentario