O vindeiro 19 de decembro estará de volta nas aulas do IES Aller Ulloa Emma Álvarez Conde, mais desta vez xa como muller traballadora. Da man desta ex-alumna, os rapaces e as rapazas de Tecnoloxía e Enxeñería I, Tecnoloxía Industrial II, Debuxo Técnico I e II e Desenvolvemento de Aplicacións Webs resolverán as posibles dúbidas sobre o estudo no Grao de Enxeñería Informática.
O luns darémosvos conta do encontro.
A seguir e ao abeiro da sección Coa nosa xente, recordamos a Emma de cando o seu paso polo 2º do Bacharelato.
Emma. Curso 2016-2017. Copyright IES Aller Ulloa |
Ningún comentario:
Publicar un comentario