06 febreiro, 2023

Coa nosa xente : Marilina Puente Hernández

Co gallo da publicación o pasado 4 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro, en Journal of the Neurological Sciences do artigo de revisión sistemática Cancer-associated spinal cord infarction: A systematic review and analysis of survival predictors (Infarto da medula espiñal asociado ao cancro: unha revisión sistemática e análise dos preditores de supervivencia), publicación asinada por Marilina Puente Hernández et alii, congratulámonos de traer hoxe á sección Coa nosa xente a Marilina.

Marilina nun máis que merecido momento de lecer, in Facebook

Na web de Journal of the Neurological Sciences podemos ler a información dun xeito resumido do obxectivo do traballo de investigación: 

A asociación entre o infarto da medula espiñal (SCI) e o cancro é unha condición pouco frecuente pero require un diagnóstico preciso para establecer o tratamento axeitado. Nunca se avaliaron as características clínicas e o prognóstico da LME asociada ao cancro. O obxectivo desta revisión sistemática é describir as características e os resultados dos pacientes con LME asociada ao cancro. A modo ilustrativo, preséntase un caso de SCI relacionado co cancro de ovario.

Moitos parabéns polo bo facer profesional, Marilina.

A seguir a nosa Marilina cando o 2º do Bacharelato: 

Marilina no curso 2006-07. Copyright IES Aller Ulloa

 

 




 



Ningún comentario: