Esta mañá, o alumnado de 4º da ESO que forma parte do Programa Radio na Biblio tivo a oportunidade de coñecer un estudio de radio real, acompañados por María Barcala, coordinadora da radio e Uxía Nogueira, responsable da Biblioteca. Na sede de Radio Lalín, os rapaces e as rapazas do IES Aller Ulloa escoitaron as explicacións de Gumer Portas e comprobaron como se emite en directo. Resolveron dúbidas acerca da necesidade dun guión sobre o que traballar, descubriron como se pode transmitir desde un lugar diferente á propia emisora e quedaron convidados a botar man da radio local cando o necesiten.
Mais non podían saír de alí sen seren eles mesmos locutores por un día, así que, mans á obra, puxeron os cascos, abriron os seus portátiles e leron un conto que recolle, de maneira ficticia, a vida de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado o vindeiro 17 de maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario