O vindeiro martes 27 estará connosco, de novo, PAYO, Xosé Payo Cangado, coordinador do equipo da Biblioteca Mario Pereira nestes últimos anos. Agora xa con máis "vagar", como a el lle gusta dicir, volverá por uns momentiños á docencia, para que os medianos dos clubs de lectura, os Tarabelos I, de 3ºde ESO aprendan con el a facer crítica literaria.
Dentro do proxecto "Lalín, a vila das 1.000 vacas", este alumnado estivo facendo a lectura de diversas obras relacionadas coa gandaría e os traballos do agro. Agora toca elaborar as críticas e recomendacións para o resto de lectores da nosa comunidade educativa, e para aprendermos a facelo ben botamos man da persoa que se encargou da maior parte das Guías de lectura d'A Marela.
Recordade, o vindeiro martes 27 de febreiro, ás 12:10 h na Biblioteca do IES Ramón Mª Aller Ulloa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario