Amosando publicacións coa etiqueta .Carmen Pérez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta .Carmen Pérez. Amosar todas as publicacións

04 marzo, 2015

Ao fío do encontro con Carmen Pérez


Por Daniel Fernández Paz

A profesora Carmen Pérez ofreceunos unha charla informativa sobre un dos materiais máis novos e, á súa vez, con máis importancia na actualidade: o plástico.

Este material está formado en reaccións de polimerización (proceso químico no que moléculas pequenas pasan a formar moléculas máis grandes, chamadas polímeros) levadas a cabo en plantas petroquímicas. O plástico, hoxe en día, podémolo atopar en tódolos ámbitos xa que as súas características se poden adaptar á función que nós queiramos, dende carrocerías de automóbiles que serven para reducir impactos, ata todo tipo de obxectos como moita da roupa que empregamos. Os plásticos teñen a vantaxe de ser sinxelos de fabricar, moi baratos e lixeiros en comparación con outros tipos de materiais, de aí a súa grande importancia.

A pesar de todos os seus puntos fortes, tamén conta con alguns puntos febles. Un dos principais e a reciclaxe, xa que unicamente se poden reutilizar poucos tipos de plásticos (Polietileno, polipropileno ou poliestireno entre eles) e depende en gran parte da colaboración do propio consumidor e o seu correcto emprego dos colectores do lixo. Outra das súas materias pendentes son as substancias contaminantes que se verten á atmosfera no seu proceso de fabricación nas plantas petroquímicas.

24 febreiro, 2015

Encontro con... Carmen Pérez

O venres 23 de febreiro teremos connosco a profesora da ETS de Enxeñaría de minas da Universidade de Vigo, Carmen Pérez.

Carmen Pérez, na actualidade, imparte Tecnoloxía de materiais e Tecnoloxía dos materiais plásticos, e está integrada no grupo de investigación ENCOMAT (Enxeñaría de Corrosión e Materiais).

O tema que nos convoca é Os plásticos na sociedade actual.

A cita está marcada para as 10.30 no Salón de Actos.

Tamén podedes ver a exposición sobre os plásticos no recanto de Toc-toc-A Ciencia.