Amosando publicacións coa etiqueta Camba. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Camba. Amosar todas as publicacións

05 marzo, 2015

A Semente. Rodeiro, 1978 : Asociación da Mocedade O Fiadeiro.


A longo deste tempo que levamos coa Marela, fomos "subindo" documentación que acompañaba algunha das nosas actividades. Gran parte da ligazóns a ela non levan a ningures. Quen sabe onde van os servidores que utilizabamos? Esporadicamente, recibimos observacións nese sentido. Pois ben, trataremos de ir recuperando toda a que poidamos.

Hoxe facémolo cos tres números da Semente, unha publicación realizada en Rodeiro, alá polo 1978 e da que dabamos conta o 11-06-2011.

O primeiro número, presentábase como: Boletín da comisión xestora da asociación da Mocedade O FIADEIRO



O segundo xa nos informa de que se firmaron os estatutos e se elixiu a Directiva xestora, configurada por "Xavier Vence, presidente; Vicepresidente: Azuzena Vázquez; segredario: Xesús Moreiras; vicesegredario: Andrés Lamazares; tesoureiro: Xosé Fernández". O subtítulo, polo tanto, variou: Boletín de información interna da directiva xestora da Asociación da Mocedade O FIADEIRO


E ese foi o que se mantivo no número 3

 

11 xuño, 2008

[Rescate IV] Camba, 1979


Entre as publicacións que as Comarcas (Deza, Trasdeza e Camba) ofreceron á Transición, é de significar Semente.

Semente é o boletín da Asociación da Mocedade “O fiadeiro”, aquela que tivera como presidente a Xabier Vence Deza.

 
Reivindicación nacional, reivindicación rural e reivindicación do orgullo cambote son as liñas centrais que a inspiran.

Pronto a teremos completamente dixitalizada, pero mentres podedes consultar os tres primeiros números premendo nas seguintes ligazóns:

Semente 1.
Semente 3 (Lectura imprescindible para os interesados nunha ontoloxía do pasotismo e das discotecas)