Amosando publicacións coa etiqueta Día da lingua materna. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da lingua materna. Amosar todas as publicacións

21 febreiro, 2021

Día da Lingua Materna : sen TikTok, pero con Valentín e Xela Arias

No marco da celebración do Día da Lingua Materna non está de máis denunciar políticas lingüísticas baseadas no neoliberalismo lingüístico e no uso recesivo das linguas minorizadas e/ou minoritarias como a levada a cabo por Tiktok ao impedir o uso da lingua galega na campaña da Xunta #aculturasegue para fomentar o consumo cultural a raíz do impacto no sector da pandemia. E nin a actitude compensatoria do DígochoEu e quen de modificar a consideración de lingua de segunda para o galego.

A seguir o vídeo censurado por usar a lingua galega:

 

E para compensar, o fermoso relato (recuperado pola RAG) de Valentín Arias Xeliña fala galego, no que narra a experiencia como nena criada en galego da súa filla Xela Arias, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Preme na foto para ler o relato.

Xela Arias e o relato de seu pai, Valentín Arias. Xulio Gil / RAG


 


20 febreiro, 2021

Día da Lingua Materna : Língu di gente antigo

Quen anda aí?

Lembramos a quebra na transmisión do galego no Día Internacional da Lingua materna.

Este poema de José dos Santos Ferreira, mergúllanos na mágoa da perda. (Que será ao final da doce lingua de Macau?

Língu di gente antigo di Macau
Lô disparecê tamên. Qui saiám!
Nga dia, mas quanto áno,
Quiança lô priguntá co pai-mai
Qui cuza sä afinal
Dóci paiaçam di Macau?

                 (Poema en patuá macaense , crioulo de base portuguesa)

 

19 febreiro, 2021

Día da Lingua Materna con Guadi Galego

Neste 2021, “as comunidades con lingua cooficial celebran o Día da Lingua Materna  outorgándolle o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español a Guadi Galego polo seu disco Immersion, que incorpora músicas cantadas en sete linguas do Estado, para o que conta con colaboracións chegadas de toda a Península, como Ivan Ferreiro, Ana Bacalhau, Lisandro Aristimuño, Clara Peya e Judit Neddermann, Andrés Suarez ou Mikel Urdangarin”.

      

18 febreiro, 2021

Prexuízos fóra!

Ás portas da celebración do Día da Lingua Materna, quedamos pampos, seica no Senegal se fala castelán. (Sentenciou Pío).

21 febreiro, 2016

21 febreiro. A língua nai


 
Non nolo tomedes a mal pero iso de "lingua materna" ten un saboriño algo reseso. Así que poñémoslle "lingua nai" e, anacronías á parte (todo o mundo sabe que na prehistoria xa se falaba inglés), mandámoslle esta, para que os do BUP e anteriores lles peguen un repasiño ás declinacións.


(Graciñas, Capitán Tic.)