A jornada do herói
de Ricardo en Riot IRAS.
28 febreiro, 2015
25 febreiro, 2015
Nós cantar cantamos: o libro
Comezamos o ano pasado e case non chegamos.
Tiñamos que poñerlle o ramo ao ano de Rosalía
(2013). Pensamos en escoller trinta e seis poemas de trinta e seis mulleres.
Trinta e seis e trinta e seis baixo o lema “Nós cantar cantamos”,
pluralizando o verso rosaliano “Eu cantar cantei”.
Así llelo propuxemos a alumnas e alumnos do
IES “Pintor Colmeiro” de Silleda e do
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” de Lalín. Deles
e delas saíu a selección.
As ilustracións fixéronas desde as aulas do Bacharelato
de Artes de 2º BAC do IES “Ramón Mª Aller
Ulloa”.
24 febreiro, 2015
Encontro con... Carmen Pérez
O venres 23 de febreiro teremos connosco a profesora da ETS de Enxeñaría de minas da Universidade de Vigo, Carmen Pérez.
Carmen Pérez, na actualidade, imparte Tecnoloxía de materiais e Tecnoloxía dos materiais plásticos, e está integrada no grupo de investigación ENCOMAT (Enxeñaría de Corrosión e Materiais).
O tema que nos convoca é Os plásticos na sociedade actual.
A cita está marcada para as 10.30 no Salón de Actos.
Tamén podedes ver a exposición sobre os plásticos no recanto de Toc-toc-A Ciencia.

20 febreiro, 2015
18 febreiro, 2015
Mércores de cinzas na biblioteca
Aluminio retorto, tabiques rebentados, plásticos fundidos, cristais rotos, fume solidificado, cinzas, cinzas, cinzas... Así atopamos a biblioteca hai 26 anos, ao regreso do Entroido. As fotos son as que, daquela, Victorino Gutiérrez Aller unira á acta notarial.
Xa alá atrás fixemos unha referencia a bibliotecas queimadas e gardabamos parte do relato para o 25º aniversario do desastre. Pero esqueceunos, ese aniversario foi o ano pasado e fóisenos ás vinchas. Volveríanos esquecer se non fose que Susana Faílde nos trouxo estas outras fotos que si son de hai 25 anos xustos.
Corréspondense cunha exposición etnográfica impulsada por Emilio Araúxo. Na foto de arriba, colchas feitas en vellos teares familiares cobren as librarías. Na de abaixo, enseres de cociña diante das mozas e, atrás (malia non se poder apreciar), retratos de difuntos. Nunha e noutra as expresións das alumnas -satisfacción, seriedade, orgullo...- rebordan o marco das fotos.
Só transcorrera un ano. A biblioteca volvía estar en pé. A fábula do que renace das súas cinzas volvía escribirse..., pero había algo máis. Algúns empezamos a dexergar que a biblioteca non podía reducirse a unhas mesas e unhas librerías-gaiola nas que cada seminario mantiña "os seus libros" baixo sete chaves. Aquela exposición fíxonos pensar en camiños de destino descoñecido. Como moito, intuïamos que deberían conducirnos a mundos de libros libres e bibliotecas abertas a todo o que pasase.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)