de Digo Freitas en Diario de ideias...
10 abril, 2022
08 abril, 2022
Paskekrim
En Noruega é unha tradición da Semana
Santa que as casas e as rúas se enchan
de narcisos e outras flores amarelas para celebrar a chegada da primavera, así como ir descansar uns días nas cabanas e comer chocolate. Pero hai outra
tradición que nos chamou moito a atención, o Paskekrim, é dicir a lectura de novela negra, de detectives, de
suspense e mesmo de terror.
Todo empezou cando na Pascua de 1923
Harald Grieg, da Editorial Gyldendal, publicou, nun dos xornais de maior tiraxe
daquela altura, o seguinte anuncio “Tren de Bergen saqueado durante a noite”. A intención era dar publicidade a unha novela
policial, pero coma no caso do programa radiofónico baseado en A guerra dos
mundos de H. G. Wells, moita xente pensou que o asalto ao tren era real. E
a partir de aquí a lectura de novela negra na Semana Santa xa é un clásico
entre os noruegueses.
Deixámosvos aquí unha pequena mostra da literatura galega deste xénero, pero se vos achegades á Biblioteca Mario Pereira poderedes atopar moito máis.
Que gocedes da lectura.
06 abril, 2022
Campións olímpicos (do saber)
A nosa Olimpíada do Saber 2022 xa ten gañadores. Os 11 equipos inscritos indagaron, preguntaron, leron... e aprenderon xogando. Aínda que só tres subirán ao podio dos campións, desde a Marela felicitamos a todos e todas os que participaron polos seus resultados e a competición que demostraron nestas catro semanas.
Na imaxe do noso fotógrafo Carlos Míguez podedes ver os campións co seu regalo de ouro e coroados de loureiro. Á súa dereita o bronce e as pratas.
05 abril, 2022
Encontro con Juan Gestal Otero : "Historia das pandemias"
Organizado e coordinado polas profesoras Alba Payo de Xeografía e Historia e Ana Penas de Bioloxía, o mércores 6 terá lugar un Encontro con Juan Gestal Otero arredor da Historia das pandemias e que terá como destinatario o alumnado de 4º da ESO de Cultura científica.
Que mellor maneira que o coñecemento da historia das pandemias para comprendermos a magnitude da pandemia actual da COVID-19.
E ao fío do Encontro con Juan Gestal non está de máis botarlle unha tranquila ollada ao libro Pandemias, froito da Exposición Pandemias, proxecto desenvolvido o curso anterior.













