Amosando publicacións coa etiqueta CSIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CSIC. Amosar todas as publicacións

20 novembro, 2020

Premio "Inspiraciencia" para Adrián Llinares Juíz

Comprácenos anunciar a nova de que o alumno de 1º do Bacharelato Adrián Llinares Juiz vén de gañar o concurso de relatos "Inspiraciencia", organizado polo CSIC, na categoría de 12 a 17 anos co relato "El amor es pura química... y la familia también" (preme no título para ler o relato).
 
Adrián na Biblioteca do centro perante a foto do Congreso de Solvay
 
Para saber máis do porqué da súa participación preme en YouTube.
Moitos parabéns Adrián, e por suposto á comunidade escolar do CPI de Rodeiro.

 

07 novembro, 2019

Ano Internacional da Táboa Periódica. Epílogo

A UNESCO declarou o 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica, e como ramo ás actividades desenvolvidas o curso anterior contamos coa exposición "Entre moléculas" do CSIC, acompañada dunha selección de elementos da Táboa periódica coa explicación en inglés, así como da Táboa Periódica en galego e fondos da bilioteca.





Preme na imaxe para ver as suxextións sobre a exposición:

https://issuu.com/marelatarabela6/docs/tr_ptico_proxecto

A seguir unha reportaxe gráfica:











A seguir máis fotos de alumnado cumprimentando as suxestións sobre a exposición:




24 febreiro, 2019

Encontro con Concepción Sánchez: as fotos

O pasado luns 18 de febreiro, dentro das actividades que realizamos no instituto para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a investigadora do CSIC e directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, Conchi Sánchez, impartiu a charla Biotecnoloxia forestal, viveiro de árbores e investigadores ao alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato.

Velaquí algunha fotografía do evento...




Alumnos de ESO e bacharelato recibiron a Conchi cunha espectacular coreografía 
diante da exposición  "Investigadoras na luz e nas tecnoloxías da luz".



… e aquí unha entrevista publicada no prensa local.

Artigo publicado no Faro de Vigo (edición Deza) o 19/02/2019



16 febreiro, 2018

Con María, Isabel, Montse e a expedición Malaspina 2010


O mércores 7 de febreiro tivemos a sorte de contar con tres científicas do Instituto Oceanográfico de Vigo. Amosáronnos o labor do IEO no estudo do medio mariño e compartiron connosco diversas anécdotas dos seus inicios no mundo da investigación. O certo é que conseguiron espertar as inquedanzas da audiencia, pois foron varias as voces que formularon interesantes preguntas.

 





Para acompañarmos a  presenza de Isabel Riveiro, María Saínza e Montse Pérez, argallamos unha pequena exposición co material que nos ofrecen o CSIC e o Instituto español de oceanografíaLa expedición Malaspina 2010 y las ciencias marinas en España.


No tríptico que elaboramos para a ocasión, atoparades un cuestionario de seguimento e algunhas referencias (web, fílmicas, libros...) sobre o tema.





24 novembro, 2016

Seres modélicos. A exposición

Esta semana conclúe a exposición Seres modélicos. Entre la naturaleza y el laboratorio.

Acudimos con frecuencia ao material de CSIC e este é dos que máis nos gustou.

Van unhas fotos con xente de 1º ESO traballando nela.






Pódese descargar o tríptico (en issuu) de seguimento.

13 novembro, 2015

Un universo de luz

Xa comentamos onte que as actividades asociadas ao Ano internacional da luz chegan á súa fin.

Como remate, descargamos e imprimimos os paneis da exposición Un universo de luz, realizada polo CSIC, con apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).


O alumnado de PMAR elaborou un xeitoso cuestionario, para axudar aos de 1º e 2º da ESO a seguir a exposición.

Ciscamos unha escolma de poemas, coa luz como tema. Algúns acollidos polo omnipoliedro.


Aproveitamos a oportunidade, para facer unha pequena mostrar de libros de fotografía, escollidos entre os nosos fondos.

E non quixemos esquecer que este tamén era o Ano  internacional dos solos e, malia non lle prestarmos a atención que quixeramos, tratamos de lembralo imprimindo a BD Vivir no solo (preme para descargala en PDF) de Marilar Aleixandre e o Estudio Tangaraño. Con ela, forramos unha columna ben á vista.

09 novembro, 2014

Encontro con... Ramón Cid Manzano

O xoves 13 de novembro, falaremos sobre Enerxía nuclear no salón de actos co profesor e divulgador Ramón Cid Manzano.


Non esquezades pararvos un chisquiño na exposición do CSIC: La energía nos mueve.

06 novembro, 2014

Exposición CSIC : A enerxía móvenos

A exposición de "La energía nos mueve" do CSIC, composta por dezanove carteis (que decargamos e imprimimos), leva uns días na entrada do instituto.


Tal e como adoitamos, elaboramos un tríptico guía para axudar o alumnado a ler algunhas cousas.


A novidade é que, deste golpe, os de primeiro e segundo poderán contestar na Aula Virtual.
-

13 xaneiro, 2010

Os ensaios en galego do Dr. Ramón Aller Ulloa


Onte debían reiniciarse as clases con toda normalidade. A hostilidade do tempo e dos tempos non o permitiron.

Na adversidade, resultou especialmente reconfortante o agasallo que nos remitiu o profesor Docobo.

Trátase da reprodución facsímile dos Ensaios en galego do Dr. Ramón Aller Ulloa, reunidos e prologados por Filgueira Valverde en 1989 e que  foran publicados entre 1931 e 1934 na revista Logos de Pontevedra.

Dúas liñas mestras guían a pluma de Don Ramón neles. Unha, a solución ao posible conflito entre Ciencia e Fe, que Don Ramón, sacerdote e astrónomo, resolve sen dificultades. Outra, a divulgación científica, na que o autor mostra a súa gran capacidade pedagóxica para expoñer conceptos complicados en palabras simples.

Alén diso, os ensaios representan un dos primeiros (se non o primeiro) intentos de elaboración dunha prosa científica en galego. Se iso resulta admirable en por si, máis o é a precisión, limpeza e elegancia con que se desenvolve.

Sobre a base dun galego popular (a súa lingua familiar e habitual) e o coñecemento da variedade culta que, neses anos, se estaba a construír sobre todo a través da literatura e as ciencias sociais, Don Ramón tece un discurso para as ciencias experimentais que non perdeu vitalidade.

O noso agradecemento ao profesor Docobo, ao Observatorio da USC e ao CSIC-Galicia  polo agasallo: na hostilidade destes tempos, a reedición preséntase dobremente necesaria e oportuna.