Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller e a Nena na Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller e a Nena na Ciencia. Amosar todas as publicacións

08 febreiro, 2022

11 F : Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia,  e como sempre o noso centro súmase a tal conmemoración con diversas actividades coordinadas polo Departamento de Bioloxía.

Así, alumnado de 2º e 4º da ESO e 1º do Bacharelato puido asistir este martes a unha conferencia online, no marco da Semana da Muller e a Nena na Ciencia que tivo como protagonista á asociación Aseica mujer que nos presentou o programa "Conócelas", permitíndonos deste modo coñecer a dúas investigadoras que nos contaron a súa experiencia no ámbito do traballo e  nos mostraron como é o camiño para chegar a ser unha investigadora hoxe en día, para iso, remontáronse aos seus estudos no IES, ao seu paso pola Universidade, á tese doutoral e aos posteriores traballos xa no ámbito da investigación, achegándonos as súas vivencias neste último aspecto. Así:

Inés Martínez Penas mostrounos como contribúe á investigación contra o cancro desde o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

Ana Belén Dávila ensinounos como as nanopartículas poden axudar a que os medicamentos actúen só sobre os tumores sen danar as células boas.

Podedes consultar máis información sobre este programa na súa páxina web: https://www.aseica.es/aseica-mujer-lanza-conocelas

Mar Espinosa, profesora de Química.

 A seguir unhas fotos do relatorio:






09 febreiro, 2021

11 F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 

O 11 de febreiro celebrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e malia as restricións derivadas da pandemia da COVID-19, sumámonos á conmemoración con diversas actividades coordinadas polo Departamento de Bioloxía:

 1.  Mesa redonda organizada polos centros singulares da USC: CiQUS, CIMUS, CiTIUS e IGFAE, coa participación de científicas de distintos ámbitos, que lles falarán ao alumnado do 1º do Bacharelato A de Ciencias das súas experiencias e dos seus traballos de investigación, así como das oportunidades de futuro. Coordina a profesora Natalia Fernández.

 2. As ciencias escríbense en feminino”, unha xornada divulgativa en liña para conmemorar o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, organizada polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit, destinada ao alumnado do STEMBach (1º e 2º). Coordina a profesora Raquel Honrubia.

 

A maiores, propoñemos a toda a comunidade escolar ver as películas:

Figuras ocultas, que narra a historia de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA a principios dos anos sesenta no proxecto de poñer en órbita o astronauta John Glen, en plena carreira espacial, tendo como pano de fondo a loita polos dereitos civís dos negros estadounidenses.

Preme no cartel publicitario da película para ver o tráiler oficial da mesma:

Próxima, que narra a historia de Sarah, unha astronauta francesa que se adestra na Axencia Espacial Europea en Colonia, sendo a única muller dentro do esixente programa. Sarah vive soa coa súa filla de sete anos Stella, sentíndose culpábel por no poder pasar máis tempo coa rapaza. E cando Sarah é elixida para formar parte da tripulación dunha misión espacial de un ano de duración chamada Próxima, daquela prodúcese un afastamento na relación entre nai e filla.

Preme no cartel publicitario da película para ver o tráiler oficial da mesma:


 

11F. Encontro con Yolanda Pazos

Encontro con Yolanda Pazos no marco das actividades organizadas para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Evento organizado polo Departamento de Bioloxía e coordinado pola profesora Natalia Fernández.

24 febreiro, 2019

Encontro con Concepción Sánchez: as fotos

O pasado luns 18 de febreiro, dentro das actividades que realizamos no instituto para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a investigadora do CSIC e directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, Conchi Sánchez, impartiu a charla Biotecnoloxia forestal, viveiro de árbores e investigadores ao alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato.

Velaquí algunha fotografía do evento...




Alumnos de ESO e bacharelato recibiron a Conchi cunha espectacular coreografía 
diante da exposición  "Investigadoras na luz e nas tecnoloxías da luz".



… e aquí unha entrevista publicada no prensa local.

Artigo publicado no Faro de Vigo (edición Deza) o 19/02/2019



10 febreiro, 2019

Exposición 11 de febreiro: InvestigadorAs na luz.


Desde o 1, temos expostos os pósters sobre as investigadorAS na luz. Á beira tamén podemos observar:

  • unha serie de láminas sobre ilusións ópticas.
  • as minibiografías comiqueras de la Fuensanta y el Antón.
  • no recanto Toc-toc, un achegamento ao mundo microscópico.

Coma sempre, podedes dispoñer do tríptico de seguimento e suxestións, elaborado polo alumnado de PMAR.