Amosando publicacións coa etiqueta Servando Lois. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Servando Lois. Amosar todas as publicacións

21 febreiro, 2016

Astro_poemas (2) : Arato de Solos

Os Φαινόμενα (Fenómenos) de Arato (310 - 240 a. C.) representan o cume da poesía didáctico-astronómica. O poema describe en 1154 hexámetros o Alto Firmamento e as constelacións, combinando erudición e coñecemento astronómico.

Fonte. Recomendamos visitala. Agradable sorpresa.
O seguinte fragmento corresponde a Pegaso.
Ἀλλ' ἄρα οἱ καὶ κρατὶ πέλωρ ἐπελήλαται Ἵππος
γαστέρι νειαίρ· ξυνὸς δ' ἐπιλάμπεται ἀστὴρ
τοῦ μὲν ἐπ' ὀμφαλί, τῆς δ' ἐσχατόωντι καρήν.
Οἱ δ' ἄρ ἔτι τρεῖς ἄλλοι ἐπὶ πλευράς τε καὶ ὤμους
Ἵππου δεικανόωσι διασταδὸν ἶσα πέλεθρα,

καλοὶ καὶ μεγάλοι· κεφαλὴ δέ οἱ οὐδὲν ὁμοίη,
οὐδ' αὐχὴν δολιχός περ ἐών· ἀτὰρ ἔσχατος ἀστὴρ
αἰθομένης γένυος καί κεν προτέροις ἐρίσειεν
τέτρασιν οἵ μιν ἔχουσι περίσκεπτοι μάλ' ἐόντες.
Οὐδ' ὅ γε τετράπος ἐστίν· ἀπ' ὀμφαλίοιο γὰρ ἄκρου

μεσσόθεν ἡμιτελὴς περιτέλλεται ἱερὸς Ἵππος.
Κεῖνον δὴ καί φασι καθ' ὑψηλοῦ Ἑλικῶνος
καλὸν ὕδωρ ἀγαγεῖν εὐαλδέος Ἱππουκρήνης.
Οὐ γάρ πω Ἑλικὼν ἄκρος κατελείβετο πηγαῖς·
ἀλλ' Ἵππος μιν ἔτυψε· τὸ δ' ἀθρόον αὐτόθεν ὕδωρ

ἐξέχυτο πληγ προτέρου ποδός· οἱ δὲ νομῆες
πρῶτοι κεῖνο ποτὸν διεφήμισαν Ἱππουκρήνην.
Ἀλλὰ τὸ μὲν πέτρης ἀπολείβεται, οὐδέ ποτ' αὐτὸ
Θεσπιέων ἀνδρῶν ἑκὰς ὄψεαι· αὐτὰρ ὁ Ἵππος
ἐν Διὸς εἰλεῖται, καί τοι πάρα θηήσασθαι.
Tradución do texto grego por Servando Lois Silva.

Pero despois desta esténdese como un prodixio co baixo ventre sobre a cabeza [de Andrómeda] o Cabalo; unha estrela compartida resplandece sobre o embigo deste e no extremo da cabeza daquela. Outras tres, sobre os costados e os hombros do Cabalo saúdan equidistantes, son fermosas e grandes; a cabeza de ningún xeito é semellante nin o pescozo por longo que sexa; pero a derradeira estrela da súa queixada refulxente tamén podería rivalizar coas catro primeiras, que o circunscriben ao seren moi visibles. Pero non ten as catro patas, pois o sagrado Cabalo xorde incompleto polo medio na zona do embigo. Contan que aquel fixo baixar do elevado Helicón a pura auga da nutricia Hipocrene. Pois o cumio do Helicón aínda non deixaba caer auga nas fontes. Pero o Cabalo golpeouna e dalí brotou abundante auga co golpe da súa pata dianteira. Os pastores foron os primeiros en chamaren Hipocrene a esta auga potable. E esta gotea pinga a pinga da rocha, e nunca a verás lonxe dos tespieos. Con todo, o Cabalo revólvese na casa de Zeus e ti podes contemplalo.

Versión latina de Xermánico:
Andromedae capiti Sonipes supereminet ales.
Vertice et Andromedae radiat quae stella, sub ipsa
Aluo fulget Equi; tres armos et latera aequis
Distinguunt spatiis. Capiti tristissima forma,
Et ceruix sine honore obscuro lumine sordet.
Spumante mandit sed qua ferus ore lupata
Et capite et longa ceruice insignior exit
Stella nitens, armis laterique simillima magno.
Nec totam ille tamen formam per singula reddit.
Primo praestat equom, medio rupta ordine membra
Destituunt uisus, rudis inde adsurgit imago.
Gorgonis hic proles. In Pierio Helicone,
Vertice cum summo nondum decurreret unda,
Musaeos fontis dextri pedis ictibus hausit
Inde liquor genitus nomen tenet: Hippocrenen
Fontes nomen habent; sed Pegasus aethere summo
Velocis agitat pennas et sidere gaudet.

NICÁS MONTOTO, José María Bernardo (2004): Revisión del texto, léxico, traducción y comentario de “Los fenómenos de Arato” de Germánico. Universidad Complutense de Madrid. Texto en liña (PDF) (p. 95)

Un Cabalo alado destaca sobre a cabeza de Andrómeda. E a estrela que irradia sobre a cabeza de Andrómeda reloce baixo o propio ventre do Equino; tres estrelas dividen as súas illargas e os seus flancos en partes iguais. O aspecto da súa cabeza é moi escuro e o seu pescozo palidece sen brillo cunha luz pobre. Pero, alí onde, indómito, morde o seu freo con escumante boca, sobresae da súa cabeza e do seu longo pescozo unha estrela brillante, moi semellante ás dos seus ombreiros e o seu dilatado costado.  Con todo, non mostra a totalidade da súa forma mediante cada unha das súas estrelas. Ante todo, representa un cabalo, pero a súa aparencia presenta uns membros truncados pola metade da figura, de onde xorde unha imaxe desaliñada. Velaí á prole da Gorgona. No Pierio Helicón, cando no seu cume máis alto non se precipitaba aínda a auga corrente, fixo xurdir as fontes das musas a golpes do seu casco dereito. Por iso, o curso de auga así nacido ten un nome: Hipocrene teñen por nome as fontes; pero Pegaso axita as súas veloces ás no máis alto do éter e gózase da súa constelación.

07 novembro, 2014

Poetemáticas 5: poesía grega

Nun manuscrito do século X que contén unha manchea de poemas de todas as épocas da poesía grega aparecen uns cincuenta poemas que conteñen cuestións matemáticas. A maioría son os típicos problemas de mazás polos que todos pasamos de pequenos, pero hai de todo. Aí vos vai algún a ver se os dades resolto.


Ἁ Κύπρις τὸν Ἐρωτα κατηφιόωντα προσηύδα:

Τίπτε τοι, ὦ τέκος, ἄλγος ἐπέχραεν; ὅς δ' ἀπάμειπτο.

Πιερίδες μοι μῆλα διήρπασαν ἄλλυδις ἄλλη,

αἰνύμεναι κόλποιο, τὰ δὴ φέρον ἐξ Ἐλικῶνος.

Κλειὼ μὲν πέμπτον λάβε. δωδέκατον δέ

Εὐτέρπη. ἀτὰρ ὀγδοάτην λάχε δῖα Θάλεια.

Μελπομένη δ' εἰκοστὸν ἀπαίνυτο. Τερψιχόρη δὲ

τέτρατον. ἑβδομάτην δ' Ἐρατώ μετεκίαθε μοίρην.

ἡ δὲ τριηκόντων με Πολύμνια νόσφισε μήλων.

Οὐρανίη δ' ἑκατὸν τε καὶ εἴκοσι. Καλλιόπη δὲ

βριθομένη μήλοισι τριηκοσίοισι βέβηκε.

σοὶ δ' ἄρα κουφοτηρῃσιν ἐγὼ σὺν χερσὶν ἱκάνω,

πεντήκοντα φέρων τάδε λείψανα μῆλα θεάων.



Afrodita dicíalle a un entristecido Eros:

“Pero por que a dor se botou sobre ti?” E este contestou:

“As Piérides roubáronme as mazás colléndoas

cada unha para un lado do meu regazo, eu trouxéraas desde o Helicón.

Clío tomou a quinta parte, a doceava parte

Euterpe, e a oitava parte tocoulle á divina Talía,

Melpomene colleu a vixésima parte, Terpsícore

a cuarta parte, Erato perseguía a sétima parte.

Polimnia rouboume trinta mazás.

Urania cento vinte, Calíope

ía cargada con trescentas mazás.

Eu veño a ti coas mans ben lixeiras,

con estas cincuenta mazás que me deixaron as deusas”.


   



Τίπτε με τῶν καρύων ἕνεκεν πληγῇσι πιέζεις; 

ὦ μῆτερ, τάδε πάντα καλαὶ διεμοιρήσαντο

παρθήνοι. Ἡ γὰρ ἐμεῖο Μελίσσιον ἕβδομα δοιά,

ἡ δὲ δυωδέκατον Τιτάνη λάβεν. ἕκτον ἔχουσιν

καὶ τρίτον Ἀστυόχη φιλοπαίγμονες ἠδὲ Φίλιννα.

εἴκοσι δ`ἁρπάξασα Θέτις λάβε, δώδεκα Θίσβη.

ἡ δ', ὅρα, ἡδὺ γελᾷ Γλαύκη παλάμῃσιν ἔχουσα

ἕνδεκα. τοῦτο δέ μοι κάρυον περιλείπεται οἷον.



Pero por que me atormentas con golpes por unhas noces?

Madre, unhas guapas nenas repartíronse todas estas.

Pois de min colleu Melisiña dúas sétimas partes,

Titane a doceava. As alegres Antíoque e Filina

teñen a sexta e a terceira parte.

Vinte colleu Tetis roubándoas, Tisbe doce.

Glauca, mira para ela, ri docemente tendo nas mans

once, a min só me resta unha única noz.


[Tradución de Servando Lois]