Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións

23 abril, 2021

Día do Libro. "A portada son eu, somos nós" : O libro

Foto presentada por 3 ESO D

Non podía faltar o libro "A portada son eu, somos nós", actividade conmemorativa do Día do Libro. Agardamos que sexa do voso agrado.

Día do Libro : Exposición "A portada son eu, somos nós"

No acceso ao vestíbulo podemos ver a Exposición "A portada son eu, somos nós". 
A seguir unha pequena reportaxe gráfica do noso reporteiro Carlos Míguez:
 






As portadas gañadoras

22 abril, 2021

Día do Libro. "A portada son eu, somos nós" : os premios

Reunido o xurado do Concurso "A portada son eu, somos nós" acordou por unanimidade outorgar os seguintes premios:
Portada mellor completada (Quero ser escritor) a Samuel Fernández Fernández (1º da ESO D).
Portada máis orixinal (Lo que nos contaron) a Giovana de Lara (1º da ESO D).

 
Moitos parabéns aos premiados e a todas as persoas participantes na actividade da que daremos conta en breve.

 

11 febreiro, 2017

Berros no roncar das ondas



O IES “Ramón Mª Aller Ulloa” ten o pracer de poder ofrecerlles a toda a comunidade escolar do centro e ao público en xeral a exposición Berros no roncar das ondas, traballo de Xacobe Meléndrez Fassbender, na fotografía artística, e Bernardino Graña, na faceta literaria. Unha clara mostra de arte e compromiso, “cun alto contido de reflexión social e ambiental, e que propón unha análise crítica da relación entre a humanidade e o mar, a través dun achegamento sentimental, da man dunha plasticidade atractiva e dos versos que as acompañan”, tal e como se referencia na web do CEIDA.

A exposición pode verse na fachada norte do noso instituto, grazas ao desinteresado e entusiástico labor dos compañeiros Fran e Sebas.

Para coñecer máis sobre a exposición podedes visitar a páxina do CEIDA premendo nas siglas. 
E para saber máis sobre a exposición e o labor artístico de Xacobe Meléndrez contaremos coa súa presenza o día 20.
Como petisco aí van unhas fotos da exposición enviadas por Sebas á Marela:





19 maio, 2016

Outra visión do D. Ramón de Asorey

Imos xuntando imaxes do monumento a D. Ramón Aller. Esta que traemos hoxe estaba un chisco perdida entre os nosos fondos (sen catalogar). Non debería ser moi posterior á súa inauguración, pois a perspectiva urbana que nos ofrece é practicamente irrecoñecíbel para aqueles lalineses que baixen dos cincuenta "e tantos"...


 A mesma foto restaurada por M. Balea:

13 novembro, 2015

Un universo de luz

Xa comentamos onte que as actividades asociadas ao Ano internacional da luz chegan á súa fin.

Como remate, descargamos e imprimimos os paneis da exposición Un universo de luz, realizada polo CSIC, con apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).


O alumnado de PMAR elaborou un xeitoso cuestionario, para axudar aos de 1º e 2º da ESO a seguir a exposición.

Ciscamos unha escolma de poemas, coa luz como tema. Algúns acollidos polo omnipoliedro.


Aproveitamos a oportunidade, para facer unha pequena mostrar de libros de fotografía, escollidos entre os nosos fondos.

E non quixemos esquecer que este tamén era o Ano  internacional dos solos e, malia non lle prestarmos a atención que quixeramos, tratamos de lembralo imprimindo a BD Vivir no solo (preme para descargala en PDF) de Marilar Aleixandre e o Estudio Tangaraño. Con ela, forramos unha columna ben á vista.

11 abril, 2015

I Concurso de fotografía científica: Traballos premiados

Xa temos fallo do I Concurso de fotografía científica do IES Ramón Mª Aller Ulloa, este ano dedicado ao Ano internacional da luz.

Tras non doadas deliberacións, o xurado acordou premiar a:

Accésit: David Otero Mato, por El reflejo de un láser.



  En esta foto podemos ver un prisma piramidal de cuatro caras y que tiene como base un espejo. Dicho prisma está recibiendo, en una de sus aristas, la luz roja de un láser. Si conseguimos alinear las aristas del prisma con el láser y la cámara, podremos ver este curioso efecto visual. La tecnología láser está presente en multitud de campos pero uno en el que va cobrando importancia es el mundo de la biología ya que cada vez es más usado para actuar sobre lesiones sin afectar a los tejidos adyacentes y por eso tiene muy pocos efectos secundarios. Otro campo en el que está presente, aunque no lo parezca, es en la industria textil ya que permite hacer cortes muy precisos ya que el láser es controlado por ordenador y es capaz de cortar multitud de prendas a la vez. El láser también está presente en utilidades más cotidianas como puede ser la lectura de un CD, medir la velocidad de los vehículos a través de radares...

2º Premio: Emma Álvarez Conde, por O reflexo das augas.



Toda a superficie do mar reflicte a luz, pero só algúns raios chegan aos nosos ollos. Nesta imaxe podemos ver como a fina capa de auga que cobre a area da praia reflicte o monumento natural que está en fronte. Isto ocorre porque a auga, ao estar en repouso ou con pouco movemento, ten o mesmo efecto ca un espello. A luz viaxa en liña recta e, ao se atopar cun obstáculo, como pode ser a agua, refíctese no mesmo ángulo que o raio incidente, facendo que poidamos ver nesta superficie unha imaxe igual á real e do revés. Este efecto prodúcese en espellos, metais, cristais etc. Aánda que o máis natural é na auga. Esta é incolora, aínda que dependendo do ángulo da luz e da intensidade desta que incida nela, poderá ter distintos tons de azul ou, incluso, reflectir unha cor escura como pode ser a do monumento nesta fotografía.

 1º Premio: Jaime Blanco Vilariño, por Cardume de luz.


Como pouca xente sabe, os peixes son miopes, e, por causa de vivir nun medio no que as cousas non son o que parecen, desenvolveron un novo órgano sensitivo chamado liña lateral, capaz de detectar as máis pequenas vibracións, correntes ou cambios de presión no seu hábitat. En especies máis complexas, como a dos escualos, desenvolveuse un sistema máis preciso, formado por un conxunto de pequenos electrorreceptores cubertos dunha substancia xelatinosa chamados ampolas de Lorenzini.
Na fotografía podemos apreciar que os peixes se congregan en grandes agrupacións da mesma especie co obxectivo de autoprotexerse e alimentarse fóra de perigo. Aínda que se atopen nun espazo cerrado, neste caso un acuario, seguen a empregar o seu método de defensa debido ao seu instinto, a pesares de ser aparentemente innecesario. Este feito (que fai as marabillas dos visitantes) ten, coma case todo neste mundo, unha explicación lóxica: tal comportamento débese á presenza continua de luz; o que os confunde e lles fai adoptar esta posición defensiva, xa que, nas zonas escuras os peixes ven predadores, debido ao atraso evolutivo dos seus ollos e á confusión que lles produce a luz.
Parabéns ao gañadores e a todos os participantes.

10 abril, 2015

I Concurso de fotografía científica: entrega de premios.

Participantes premiados, acompañados de algúns finalistas.
Hoxe na biblioteca, entregamos os premios do I concurso de fotografía científica do instituto.

Mª Jesús Gracia entrega o seu premio (accésit) a David Otero.

Eva Vilas entrega o segundo premio a Emma Álvarez.

Jaime Blanco, gañador, recibe os parabéns de Beatriz Álvarez.



16 marzo, 2011

Patrimonio: Nen@s en Bendoiro


Xa o temos comentado. Se nos corresponde a nós (ás Bibliotecas escolares, aos institutos...), non temos medios. Se non nos corresponde, ímolo aceptando, pero sabemos que o habería que facer mellor. Falamos de patrimonio. Neste caso, de patrimonio fotográfico.
O conto é como segue:
Comentando un relato de Manolo Rivas ("o leikista"), o profesor propúxolle ao alumnado que buscase fotos de defuntos no vellos álbums familiares. Noelia creu lembrar que vira algunha e, ao día seguinte, apareceu con tres (dúas de defuntos e unha cun moribundo). O profesor preguntoulle se non tiña máis e ela respondeulle afirmativamente e faloulle dunhas fotos do  Pazo de Bendoiro que ían ir ao lixo. A historia aclarouse co paso dos días.
Charo, a nai de Noelia, comprara uns mobles do pazo , cando este estaba en venda. Ao ilos buscar, deu cunhas sacas de penso cheas de "lixo" que estaban destinadas ao lume. Sabedora de que, ás veces, o lixo contén cousas interesantes, pediullas á propietaria. Entre elas, había "papeis" que a propietaria xa rexeitara.
A maior parte dos “papeis” son fotos. Non sabemos se todas as que había no pazo ou só unhas poucas. Algunhas son de xente do pazo, outras de coñecidos ou amizades. Da maior parte, descoñecemos quen alí está retratado, nin en que data se fixeron. As máis antigas son de finais do XIX, as máis recentes andarán na década dos 70 do XX. Sexa como sexa, conteñen moita e moi boa información sobre os transcurso da vida fidalga durante case un século.
Noelia tróuxonolas  e nós escaneámolas. Forman parte da nosa “biblioteca dixital” e  seguro que algunha vez han ser utilizadas nas nosas aulas.
Non vos imos mostrar todas, pero aquí tedes vinte e cinco, sen máis unidade que a súa procedencia e o seu tema: nen@s.
Graciñas Charo, de non ser por ti, estariamos ante outro cachiño de patrimonio que se tería ido polo río abaixo.